A xornada do sábado 23 de abril, na que se inauguraba a ICC Week 2022, tivo como claros protanistas a Hombres G.
Pola mañá, trala presentación do seu libro Ráfagas, o director artístico Paco Martín participaba xunto con Charlie Sánchez e Paco Trinidad na mesa redonda “Hombres G: do cumio da industria discográfica a icona pop”. Os tres son nomes claves no descubrimento e na produción da maioría dos éxitos musicais que arrasaron no panorama nacional do pasado século e desvelarán a xestación dunha das carreiras máis sólidas dos grupos nacidos nos anos 80 en España: á da banda liderada por David Summers.
Unha banda que en pleno ano 2022 segue movendo masas, tal como demostraban no multitudinario concerto que daban pola noite no Paco Paz de Ourense. Unha actuación coa que facían vibrar e saltar ao númeroso público.



