Unha a unha vanse recuperando as actividades lúdicas e en Petín, tras dous anos de parón, están ultimando a organización dunha nova edición da Feira de 1812, organizada pola Asociación Fonte Grande.
Tal como adianta a alcaldesa, Raquel Bautista, será os días 4 e 5 de xuño seguindo o mesmo esquema de anos anteriores pero tamén con algunha novidade.
Coma sempre reunirá a un bo número de adegas e postos variados, contará cun pregón e música, así como coa II edición da Cea Popular prevista para a noite do 4 de xuño no casco vello petinés. As entradas custarán 18 euros e poderán mercarse a partir do mércores 27 de abril no Concello de Petín. Poderase reservar mesa a partir de 6 persoas.