A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de activar un aviso amarelo por risco de tormentas para mañá, 29 de maio, a partir das 13h. en Valdeorras e noutras zonas da montaña ourensá e tamén no sur de Lugo, cunha probabilidade de entre 40 e 70%.
A previsión vai das 13h. ás 21:59h., segundo informa a AEMET.