O Concello de Ourense rendeulle homenaxe aos equipos de Unión Deportiva Ourense, Ourense Club de Fútbol e Club Ourense Baloncesto, logo dos seus recentes éxitos deportivos acadando o ascenso de categoría nas súas respectivas competicións.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, entre outros integrantes da Corporación Municipal recibiron no Auditorio as delegacións dos equipos, encabezadas polos
seus presidentesFernando Currás, Camilo Díaz e Camilo Álvarez, así como os adestradores Jorge de Dios e Rubén Domínguez, xunto cos xogadores dos tres equipos ourensáns.