Tras os bos resultados no galego base de clubs celebrado en maio no Barco, os atletas triveses, que visten a camiseta do Club Adas, realizaban de novo unha destacada actuación no Campionato galego Sub10, Sub12 e Sub14 celebrado en Lugo na pasada fin de semana. Destacaba especialmente o título de campión galego que lograba Nicolás Eduard Lascu en pelota 200 gramos Sub10.
Os resultados individuais son os seguintes:
Peso 1kg: Itziar Pérez posto 4. Marca 6.39. Ana Basalo. Posto 5. M.6.20.
Itziar Cid: Altura sub-10. Posto 5. M. 0.89. 500m. Posto 6. M. 1:48,79.
Ainhoa Pérez. 1000 marcha. Posto 7. M. 6:48,36.
Martín Rodríguez. Peso 2kg. posto 8. M.7.82.
Nicolás Eduard. Peso 1kg. Posto 7. M. 7.51.
Itziar Pérez. Pelota sub-10.posto 7. M. 16.63.
Nicolás Eduard Lascu. Pelota sub-10. Posto 1. M.25.07.
Dende as Escolas Deportivas de Trives o seu adestrador, Tino Sierra, amosábase “moi contento co campionato realizado por os nen@s. Todos subiron marca, todo traballo ten o seu froito, estou moi contento porque están tod@s entre os 10 mellores de Galicia, como sempre un orgullo adestrar a estes campións”.
Fotos cedidas polas Escolas Deportivas de Trives.