Dende boa mañá están chegando a Petín os participantes na V KDD Racing, coches moi preparados e chegados dende diferentes partes da Península que durante a xornada deste sábado 25 de xuño convertirán a esta vila valdeorresa na capital do motor, da man de La Granja Racing.
De cumprirse as previsións, e despois da última edición pode que incluso se superen, a xuntanza automobilística reunirá a uns 1.000 coches (ás 11 horas xa chegaran máis de 50).
Ao longo da mañá os coches permanecen expostos nas rúas do pobo, especialmente na zona do Poboado de Iberduero, e tralo xantar coma sempre trasladaranse ata explanada preto de Mones, onde terá lugar a festa propiamente dita. Haberá música, o sorteo dun Honda Civic, zona de slalom, exhibicións e moitos premios, orixinais e feitos artesanalmente por membros da organización con materiais reciclados (ao coche máis antigo, ao máis afastado, ao máis ruidoso, ao máis baixo, ao máis exótico, ao Top 3 en pista,…).
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.