CulturaCulturaÚltima hora

De ruta por Larouco para visitar os lagares rupestres e o Castrillón

Esta nova proposta da Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa remataba cunha degustación de viños da Adega Ladera Sagrada

 

A Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa continúa convidando a descubrir os segredos que agocha a comarca de Valdeorras, e desta volta organizaban un paseo para visitar algún dos lagares rupestres e o espectacular Castrillón, en Larouco.

 

 

Así, na mañá deste caluroso domingo 17 de xullo (adiantaban a saída precisamente polas altas temperaturas que están a afectar á comarca), a igrexa parroquial de Larouco era o punto de encontro para os asistentes que, da man de Luis Carrón e do presidente da sección de Arqueoloxía do IEV, José Fernández, descubrían polo miúdo, entre outras cousas, a historia do asentamento.

 

 

Coma sempre, da parte vitivinícola da ruta encargouse a responsable da oficina de turismo da Rúa, Soledad Figueroa, explicando a utilidade e funcionamentos dos lagares que visitaron, nas Pedreiras.

 

 

Tal como vén sucedendo en cada ruta e paseo pola historia da comarca, a actividade remataba cunha degustación de viños, desta volta da Adega Ladera Sagrada e empanada de Panadería O Noso Capricho de Larouco. Dende a organización agradecen a colaboración de Protección Civil e do Concello de Larouco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button