ConcellosEn portadaÚltima hora

A UME súmase aos labores de extinción do incendio no Barco

Un dos vehículo da UME, na praza de Viloira (O Barco)./ Cedida.

 

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) vén de incorporarse aos labores de extinción do incendio forestal que dende hai horas ten en vilo á poboación de diferentes puntos do concello do Barco. Nun principio a intención é “tratar de protexer o núcleo de Santigoso”, adianta o tenente de alcalde barquense, Aurentino Alonso, tendo en conta a dirección na que avanzan as chamas tras un cambio no vento se producía a última hora da tarde.

A intervención da UME era solicitada esta tarde pola Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button