Lonxe de estar controlado, o incendio que segue arrasando boa parte da comarca de Valdeorras, reavívase unha e outra vez. Un dos numerosos focos que se reactivaba con forza na tarde deste martes 19 de xullo era o que afecta ao concello de Rubiá.
Nesta galería de imaxes poden verse os labores de extinción que se levaron a cabo moi preto do campo de fúbtol, algo máis arriba do núcleo urbano da vila. Unha vez máis a estampa que deixa o lume ao seu paso é desoladora aínda que neste caso en concreto as chamas non afectaron a ningunha edificación.
Fotos e vídeos: Alba Prada.