ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil asinará un convenio co catastro para evitar desprazamentos dos veciños a Ourense

O acordo tomábase no pleno, no que tamén se aprobaba unha modificación de crédito do orzamento

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No pleno que vén de celebrar a Corporacióin de Parada de Sil adoptáronse, entre outras medidas como a aprobación definitiva da conta xeral, “dúas de especial relevancia”, tal e como destacan dende o Concello. “A primeira medida é asinación dun convenio de colaboración co catastro polo cal para moitos trámites como o cambio de dominio os veciños non terán que desprazarse ata Ourense podendo facelo trámite nas oficinas do Concello”.

Ademais resultaba aprobada unha modificación do crédito do orzamento de 2022 na modalidade de suplemento de crédito por importe de 92.000 euros que permitirá actuar en varios núcleos do concello como Senra ou Santigueiro na montaña e Purdeus ou a Costrela na Ribeira, para mellorar accesos en mal estado.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosa a súa satisfacción con esta modificación “porque permite facer obras necesarias e pagar varias memorias feitas para a presentación ós fondos Next Generation, o Reto Demográfico, os fondos DUS para concellos de menos de 5.000 ou a presentación de novo para obtela Bandeira Verde”, indica.

Artigos relacionados

Back to top button