Dentro do verán cultural de Parada de Sil, a Axencia de Lectura deste municipio organiza un contacontos da man de Carmen Domech, titulado “Contos para pasalo de medo”. Está dirixido a toda cativada e terá lugar o mércores 10 de agosto ás 12:h. no Salón de Plenos do Concello. Esta actividade únese a outras do verán cultural pensadas para os máis pequenos como é o caso do campamento.