ConcellosParada de SilÚltima hora

O condutor dun turismo queda pendurado do cinto de seguridade tras caer por un desnivel en Parada de Sil

 

En torno ás 22:20 horas da noite do sábado 31 de agosto o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente en Parada de Sil, onde “un turismo saíase da vía e caía por un desnivel”, indican dende o Centro de Emerxencias, explicando que “o vehículo quedaba nunha situación completamente inestable co condutor apenas pendurado do cinto de seguridade. Era o propio implicado quen lograba contactar co número de emerxencias”.

Para poder sacalo do coche, actuaron cos seus equipos os membros do GES de Maceda e os voluntarios de Protección Civil da localidade, que, finalmente, aseguraron o vehículo pola porta do acompañante. Deste xeito, “puideron sacar o condutor para que recibise a asistencia médica necesaria da que se encargaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”.

 

Artigos relacionados

Back to top button