Na tardiña do venres 6 de decembro o Concello procedía ao acendido da iluminación de Nadal, esencialmente centrada no núcleo de Parada de Sil onde se adornaron as prazas do Curtiñeiro, Concello e O Barquilleiro con distintos motivos, como a capela de San Ramón onde se pode visitar o Belén do Sr. José que ocupa toda a capela; aínda que tamén se colocaroan luces nas entradas dos pobos das estradas máis importantes.
A partir de aí as actividades programadas para estas datas “pretenden tamén facilitar a vida familiar e laboral e organízase en torno o Campamento Concilia Nadal coa colaboración de a ONG Valores, a Anpa Os noviños e outras entidades”, explican dende o Concello.
O programa arrincará o día 23 coa elaboración de adornos de nadal no centro de Lecer de nenos; o 24 Papá Noel visitará aos cativos no Salón de Plenos, con obradoiros de distintos temas, como elaboración de galletas, de photocall ou de elaboración dde xoguetes con materiais reciclados. O domingo 29 terá luga un percorido polos bares da Coral Aqua Música cantando panxoliñas para logo ir ao Xeriátrico Luces do Sil (16:30 horas) para alegrar o Nadal aos maiores.
O remate das actividades terá lugar o día 5 coa visita da Súas Maxestades Os Reis Magos que farán entrega de regalos no Xeriátrico e logo no Salón de Plenos do Concello.
O alcalde Aquilino Domínguez agradece a colaboración de todos os participantes “que fan posible todas estas actividades no concello de Parada de Sil”.
Fotos cedidas.