A igrexa de Santa Mariña en Parada de Sil acollía a partir das 20h. da tarde deste domingo 27 de agosto o VI Certame de Corais neste municipio.
Neste encontro musical, cun numeroso público, participaban tres formacións: a Asociación Cultural Amigos da Música de Verín, a Asociación Cultural Coro “Facundino Sahagún” e o Coro Aqua Música. Entre os asistentes estaba o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen ao final da actuación entregaba, en nome do Concello, un agasallo de agradecemento aos participantes.
Fotos cedidas.