ConcellosO BarcoÚltima hora

Mañá de reencontros no regreso ás aulas do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras

 

Entre os nervios por comezar un novo curso e a alegría por reencontrarse cos compañeiros e amigos despois das vacacións (amén dalgún tristón…) se movían os sentimentos na mañá deste xoves 8 de setembro no CEIP Pluriligüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, nun inicio de curso marcado pola normalidade trala pandemia de Covid.

Pasadas as nove da mañá e despois de acompañar aos pequenos, os pais agardaban tralas rexas na beirarrúa, mentres os pequenos de Educación Infantil e Primaria se colocaban nas correspondentes filas en función do curso para dirixirse ás súas clases.

Comeza aquí un novo, ilusionante e esperanzador curso escolar que se estenderá ata mediados do mes de xuño de 2023.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button