Rozando ás once da mañá producíase un accidente de tráfico na avenida de Galicia do Barco, un dos accesos á vila, na N-536. No sinistro, segundo as primeiras informacións, víanse implicados un coche e unha moto e resultaba ferida unha persoa, a condutora da motocicleta, que era trasladada de inmediato ao Hospital Público de Valdeorras.
Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Policía Local, así como a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias-061, o GES Valdeorras e Protección Civil do Barco.