A IX edición da ruta que se celebra mañá, arrancará á unha da tarde diante do bar Rodríguez
Chegou o día. Mañá, sábado 30 de abril ás 13h. arrancará a IX Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo).
Trala lectura do pregón a cargo de Rubén Riós, os asistentes comezarán o percorrido polos seis fornos e unha adega do pobo nos que degustarán diferentes produtos gastronómicos.
A xornada contará co acompañamento musical da charanga Compostela e rematará mediada a tarde, na praza do pobo.
No cadro figuran os fornos e o pincho que se poderá degustar en cada un.