CulturaCulturaÚltima hora

O club de lectura do IES Xermán Ancochea de Trives inicia o curso visitando a Serra da Enciña da Lastra

Membros do club de lectura do instituto de Trives, diante da Aciñeira de Covas./ Foto cedida.

 

O club de lectura para adultos ‘Furgando nos libros’ do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives vén de comezar as actividades deste curso 2022/2023, coa primeira xuntanza no concello valdeorrés de Rubiá.

Do club forman parte pais de alumnos actuais, pais de antigos alumnos, persoal non laboral e tamén profesores do instituto, que na xornada deste xoves 6 de outubro facían un percorrido pola Serra da Enciña da Lastra visitando, entre outros monumentos naturais, a centenaria Aciñeira de Covas, unha das árbores senlleiras coas que conta Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button