CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Primeiro contacto coa pandeireta da man de Abertal, na Rúa

 

No mes de setembro Abertal comezaba o novo curso de gaita, acordeón, baile, percusión, pandeireta e canto, na Casa da Cultura de Trives. O mesmo lugar no que na tarde deste venres 7 de outubro, aproveitando un oco entre clase e clase, celebraban unha xornada de portas abertas para dar a coñecer e probar as distintas disciplinas.

Así, un grupo de cativos (futuros alumnos) atendían as explicacións do profesor Manuel Cobas, primeiro de pandeireta tendo un primeiro contacto con este instrumento tradicional e despois de baile.

 

O profesor de pandeireta e baile tradicional, Manuel Cobas.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button