ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana do Bolo estrea a web “Rutaspegadas”

 

Neste venres o Concello de Viana do Bolo vén de estrear “Rutaspegadas” https://www.rutaspegadas.com/, “unha completa e orixinal páxina web” que dá acceso a dous tipos de contidos. Por unha banda, pode verse online o documental “Pegadas”, dispoñible hoxe a partir das 21h, que recolle a vivencia dunhas 70 vianesas.

Ademais, inclúese información e imaxes sobre recunchos e lugares únicos do noso concello que aparecen nas historias e relatos no apartado denominado “Pegadas”.

“As lagoas de Ramilo, o Burato do ladrón, os muíños de Vilaseco e Pradocabalos, as Borreas de Caldesiños … Un longO listado de fermosas paraxes ás que poderás acceder coas indicacións que aparecen na páxina web”, segundo indica o Concello de Viana.

Ademais esta entidade destaca que esta web constitúe “a culminación dun proxecto que comezou en maio do 2021 e que deu lugar a momentos máxicos que esperamos que todas e todos vos poidades revivir a través desta web. A páxina irá ampliando os seus contidos durante os próximos días e semanas”.

Artigos relacionados

Back to top button