O animoso grupo que forman os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, liderado polo profesor Gonzalo Sánchez, segue imparable co seu traballo medioambiental ao tempo que solidario, e nesta semana clasificaban preto de 200 kilos de tapóns solidarios que máis tarde eran entregados no Corazón de Xinzo de Limia.
Estas actividades tamén se enmarcan no Plan Proxecta Recíclate con Sogama, no que o centro educativo Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense obtivo varios galardóns ao longo da súa participación.
Ademais, baixo a dirección de Cristina e Gonzalo, os Ecovixiantes aúnaron unha semana máis diversión e coidado ambiental. Nesta ocasión foron “cazar cabichas á Pista Roja de Barros Sibelo”, complementado con hábitos de vida saludable facendo deporte e camiñando co Programa Stars España de Desprazamento Sostible e Seguro.
Fotos cedidas.