
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras súmase neste 22 de outubro ao Día Movemento Viño D.O., unha acción que naceu en 2017 e que este ano, na súa sexta edición e baixo o lema “Denominacións de orixe, territorios sostibles” volve ao seu formato presencial. E faino ao grande, reunindo 36 iniciativas por parte doutros tantos consellos reguladores participantes na iniciativa que promove a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).
Neste ocasión o CRDO Valdeorras incorpórase a esta iniciativa poñendo en valor ás antigas adegas soterradas ou covas da comarca “para destacalas como exemplo de sostibilidade e eficiencia enerxética, dúas das premisas baixo as que este ano se desenvolve este Movemento”.
Por iso, divulga hoxe 22 de outubro, Día Movemento Viño D.O., unha fotografía tomada recentemente dun brinde con godellos e mencías da comarca por parte dos membros participantes no Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras, dende a cova do Peyma en Fontei, emprazada na Rúa.



