ConcellosO BarcoÚltima hora

Cursos de administración electrónica e uso de móbil na Aula de Informática do Concello do Barco

Aula Cemit do Barco./ Foto: A.R.

 

A Aula de Informática acollerá este mes de novembro un curso de trámites electrónicos e administración electrónica, dirixido a persoas de todas as idades que queiran ampliar coñecementos sobre este tipo de ferramentas, que cada vez teñen que utilizarse máis na relación dos cidadáns coas administracións.

O curso celébrase do 7 ao 15 de novembro, e as clases desenvolveránse pola mañá, de 10 a 12 horas, todos os días laborables do período indicado. Neste curso cóntase con 12 prazas, que se adxudicarán por riguroso orde de inscrición.

Entre os temas que se impartirán atópanse os seguintes: explicar que é a Administración electrónica; comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo; explicar as diferenzas entre Chave365, Cl@ve e certificados; coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas; e, por último, realización de algúns trámites con distintas Administracións tanto en PC como en móbil.

Curso intensivo de uso de móbil

Por outra banda, o día 4 de novembro haberá un curso intensivo de uso de móbil e resolución de problemas. Neste caso hai 5 prazas, e o horario será de 9 da mañá a tres da tarde.

Neste caso, os temas que están incluidos son os seguintes:

1. Introdución
2. Tipos de dispositivos móbiles
3. Plataformas de dispositivos móbiles
4. Aplicacións e uso na vida cotiá
5. Configuración inicial dun dispositivo Android
6. Seguridade
7. Dúbidas

As inscricións para ambos cursos poden realizarse de diferentes xeitos:

– Presencialmente, na aula do CeMIT, situada no segundo andar do edificio multiusos do Concello do Barco.

– Escribindo un correo, co nome e o DNI ao mail cemit.obarco@xunta.gal

-Na páxina web https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/login?lang=es_ES, elixindo O Barco e usando o nome de usuario e a contrasinal.

Artigos relacionados

Back to top button