As claves para xestionar unha empresa, nunha conferencia en AEVA
10 de Maio de 2016
Tiña lugar no centro de formación desta entidade empresarial valdeorresa e corría a cargo de David MartínezAsistentes á conferencia organizada por AEVA no Barco o 10 de maio./ Foto: Carlos G. Hervella.
Ábrense novos escenarios económicos que implican novas ameazas, pero tamén oportunidades. Sobre este novo panorama económico e as ferramentas para poder manexarse nel versaba a conferencia “Claves para a xestión da súa empresa no 2016. Ferramentas despois do balance”, que se impartía na tarde do 10 de maio no centro de formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Barco.
O ponente, David Martínez, abordaba as claves para a xestión dunha empresa na actualidade./ Foto: Carlos G. Hervella.
A intervención corría a cargo de David Martínez Alonso, máster en auditoría e análise empresarial e con experiencia en diversas multinacionais. Diante dunha nutrida representación de empresarios valdeorreses abordaba as ferramentas básicas para a xestión dunha empresa e explicaba o camiño a seguir para xestionar o negocio no día a día.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.