A vila do Barco contará en breve cun novo mural. Será no casco vello, e máis en concreto, na rúa das Airas. Na mañá do luns o seu creador, o artista vilamartinés Orde.Caos, comezaba xa a trazar as cuadrículas sobre as que se realizará despois a obra. Situarase na parte lateral dun edificio situado na rúa San Roque e que dá á citada praza.
Trátase dun mural no que se homenaxeará aos sectores económicos da zona, e especialmente ao comercio e á hostalaría. A iniciativa está promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Inorde.