DeportesÚltima hora

O Barco celebrará a XV Carreira do Turrón o 22 de decembro

Imaxe da saída da pasada edición da Carreira Popular do Turrón no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Camiñando e correndo poderá participarse, un ano máis, nunha cita deportiva, lúdica e solidaria que reúne a multitude de persoas de todas as idades no Barco: a XV Carreira Popular do Turrón, organizada polo Concello. Está prevista para a tarde do vindeiro 22 de decembro con saída, novamente da céntrica praza Andrés de Prada.

Contará con dous circuíto, un deles para os máis pequenos cunha carreira que se iniciará ás 20h. dende a fonte da ra e cuxa meta estará situada na praza Andrés de Prada. Media hora despois comezará a carreira popular con saída dende Andrés de Prada, onde tamén estará a meta. Os participantes poderán realizar, a súa elección, unha, dúas ou tres voltas.

Ao mesmo tempo a partir das 18h. festa con Dj Isra, así como unha recollida de alimentos con chocolatada e sorteo. Ademais os participantes poderán optar a diversos premios.

As inscrición na carreira poderán realizarse do 12 ao 21 de decembro no Concello ou o mesmo día da carreira entre as 18:30h. e as 19:30h.

 

Artigos relacionados

Back to top button