OurenseÚltima hora

Gran ambiente en Espiñedo para ver o derbi termal CD Arenteiro-Ourense CF

Coa vitoria local 1-0 remataba o partido de Segunda RFEF disputado na tarde deste domingo 4 de decembro no Carballiño

 

Os derbis sempre son especiais pero o desputado na tarde deste domingo 4 de decembro no campo de Espiñedo, no Carballiño, espertou un gran interese enchendo as bancadas de afeccionados.

A expectación era máxima para o chamado derbi termal entre o CD Arenteiro, xa veterano en Segunda RFEF e o Ourense CF, recén ascendido á categoría nacional, e non defraudou, cun xogo dinámico nun intenso partido que se resolvía coa vitoria pola mínima para o conxunto local, grazas ao gol de Escobar na primeira parte.

 

As bancadas de Espiñedo cheas de afeccionados.

 

Con este resultado e os tres puntos en xogo, o Arenteiro mantense como líder da clasificación nun día moi especial para o club verde. Non só por ser o primeiro partido en casa con Javi Rey como adestrador, senón porque anunciaban a un novo xogador para o plantel. David Álvarez de 22 anos e natural de Vigo comezou no RC Celta, dende a base ata chegar a xogar no Celta B na tempada 19/20. O último equipo no que desenvolveu a súa carreira foi no Guimaraes J23 e dende agora defenderá as cores do Carballiño.

 

 

O Ourense CF de Rubén Domínguez pola súa banda, continúa na zona baixa da clasificación trala derrota ante o líder da categoría “nun campo complicado”, aseguran os da Ponte.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button