Dende San Miguel ata Arcos, pasando pola praza de Vilamartín, Valdegodos, Córgomo e Portela. Na tarde do 24 de decembro Papá Noel facía un completo percorrido polo concello de Vilamartín de Valdeorras co seu tren para que os nenos lle deixaran a súa carta e tamén se fixeran fotos con el.
Contando coa colaboración de Protección Civil tamén ía repartido caramelos entre os cativos.
Fotos cedidas.