ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

A imaxe de San Mauro volve saír polas rúas da zona vella do Barco

 

Logo de dous anos sen saír, a imaxe de San Mauro patrón da Policía Local do Barco de Valdeorras, volvía percorrer as rúas da zona vella da vila a ombros dos municipais.

 

 

Facíao na mañá deste domingo 15 de xaneiro nunha procesión que comezaba ás 12:30 horas acompañada por unha potente tirada de bombas de palenque e numerosos fieis deste monxe benedictino.

 

 

Malia que amencía chuvioso, o día foi abrindo e o sol acompañou unha vez máis nesta cita que contou co acompañamento musical dos gaiteiros de  Abertal, completando o percorrido por unha parte do casco vello  para regresar de novo á igrexa que lle dá nome, onde tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco Jesús Álvarez e cantada polo Coro de San Mauro.

 

 

Trala celebración relixiosa, á que tamén asistían membros da corporación municipal barquense e da Garda Civil, os axentes da Policía Local do Barco, amigos e familiares compartían un aperitivo no Alpha Raíces brindando polo patrón.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button