ConcellosO BarcoÚltima hora

Curso básico de informática na Aula Cemit do Barco do 25 ao 27 de xaneiro

 

Na Aula de Informática do Concello do Barco vaise impartir do 25 ao 27 de xaneiro (de 9h. a 12h.) un curso básico de informática de tres días para xente sen experiencia no mundo da informática. O programa desta acción formativa é o seguinte:

I.- Acender e apagar correctamente o ordenador
II.- Manexar o rato e teclado con soltura
III.- Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo
IV.- Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …)
V. – Ofimática
VI.- Crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos VII.- Internet

O curso ten dez prazas e as persoas interesadas poden apuntarse nel directamente na páxina do CeMIT: https://cemit.xunta.gal/…/formacion-presencial/41041 , no teléfono 988320202 ou no correo electrónico na dirección: cemit.obarco@xunta.gal.

As prazas adxudicaránse por orde de entrada de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button