Na tarde deste mércores falecía un veciño de San Xoán de Río en Castro Caldelas tras caerlle unha porta enriba, segundo informan dende o 112 Galicia.
Tal e como explicou a persoa que chamou para pedir axuda, “os feitos ocorreron ás 15:30 horas nun domicilio situado na Estrada de Ponferrada, ata onde acudían os membros do GES de Castro Caldelas e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do home”, explican dende o Axega.
Ata o lugar desprazábase tamén unha patrulla da Garda Civil “co fin de recoller toda a información relacionada con este fatal accidente no ámbito doméstico”, din dende o 112. Pola súa banda, o equipo de rescate de Castro Caldelas confirmou que “o acceso dos sanitarios foi posible porque xa os veciños conseguiran retirar a porta cunha carretilla o suficiente para facilitar a asistencia”.