ConcellosÚltima hora

O dono do pavo real recoñéceo tras a publicación da nova no Periódico O SIL

 

Pouco tempo despois de que o Periódico O SIL difundise a nova de que en Vilanova (O Barco) aparecía esta madrugada un pavo real, o seu dono poñíase en contacto co GES aldeorras para interesarse polo animal localizado e comprobar se era a súa ave. Finalmente confirmaba que era o seu pavo real.

Tratábase dun veciño dun concello de Valdeorras que lle perdera a pista a este pavo real hai xa un mes, durante unha forte nevada. “Escaparon tres pavos reais e a verdade é que xa non tiña esperanza de que aparecese ningún. Este era un macho verde e, cando o vin, recoñecín o seu anel, porque estaba anillados”, comenta o seu propietario.

Agora o pavo real xa está de volta en casa, logo de sobrevivir sorprendentemente durante catro semanas e aparecer a moitos quilómetros de distancia da aldea na que estaba. “É un exemplar duns 5-6 quilos que ten unha forza e unha resistencia impresionante, por iso sobreviviu”, conclúe o dono.

Artigos relacionados

Back to top button