O Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana (Mitma) somete a información pública o proxecto de construción da “Autovía A-76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartín de la Abadía – Requejo” na provincia de León. O anuncio correspondente será publicado proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). O orzamento estimado para as obras é de 126 millóns de euros (IVE incluído).
A actuación ten por obxecto desenvolver co grao de detalle esixido a un proxecto de trazado e de construción, a conversión en autovía do tramo actual da N-120 entre Villamartín da Abadía e Requejo, baixo o nome da futura autovía A-76.
Características técnicas
O proxecto prevé o inicio do tramo mediante a conexión directa entre as autovías A-6 e a A-76 con dirección a Madrid, e a conexión da A-76 coa estrada N-VI a través de glorietas. Os ramais unidos dan lugar ao tronco da A-76.
A actuación proxectada inclúe, entre outras cuestións, unha ligazón de acceso a Toral dos Vaos e o Polígono Industrial do Bierzo, unha ligazón de acceso a Requejo e Covas, un novo viaduto sobre o río Burbia e outro paralelo ao viaduto do Marco.
Dende o ministerio matizan que “non sempre foi posible seguir o trazado da actual N-120, existindo tramos con trazado independente á antiga nacional, para garantir unha velocidade de proxecto mínima”.