Do 10 ao 13 de xuño celébrnase en Fontei (A Rúa) as festas na honra ao San Antonio. Uns festexos que arrancan mañá, venres coa VIII cea popular. Coma sempre, baixo a carpa instalada no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima, celebrarase esta cita gastronómica que se vai consolidando con cada edición, variando o menú dende as primeiras coas sardiñas asadas como prato forte, ata a paella xigante coa que se animaban nas últimas edicións.
En torno ás 22h. abriranse as portas da carpa para acoller aos asistentes que, por 15 euros que custa a entrada, poderán degustar o menú a base de empanada, entrantes ibéricos e paella. De postre xelado e tarta caseira. Para vever viño, auga e incluso café. Coma sempre, uniformados con camisetas identificativas da festa, un grupo de veciños traballarán arreo para atender aos asistentes, axudar na cociña, preparar as mesas e coidar de que todo esté a punto e os comensais atendidos. O apartado musical correrá a cargo do duo Bandoneón que tocará en sesión verbena ata altas horas da madrugada.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.