“Aproveitar unha noite case de verán para ofrecer descontos e animar aos veciños a saír ás rúas, a coñecer os comercios”. Deste xeito resumía a presidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Sandra Moldes Rodríguez, o obxectivo da “Noite Branca” que se celebrará na vila valdeorresa o vindeiro 17 de xuño a partires das oito da tarde e ata as doce da noite. “A promoción pretende achegar así mesmo, a clientes dos arredores para que, atraídos pola novidade, decidan pasar unha noite moi agradable comprando nos establecementos, paseando polas rúas do Barco e desfrutando das actividades de animación”, explicaba Moldes na rolda de prensa de presentación desta campaña, na que estaba acompañada pola vicepresidenta desta asociación, Ángeles Rodríguez Pérez.
Ademais con motivo desta “Noite Branca” os establecementos participantes engalanaranse dun xeito especial (dentro e fóra), ampliarán o seu horario de apertura (ata a medianoite) e agasallarán ao público con interesantes descontos dun 20% e degustacións. Tampouco faltarán espectáculos teatrais e musicais para animar o ambiente nas rúas.
Sandra Moldes destacaba asemade o aumento na participación con respecto ás dúas anteriores edicións, xa que desta volta serán 34 os establecementos participantes, dos que cinco son locais de hostalaría que ofrecerán degustacións de paella e disporán dunha zona de descanso.
O programa da “Noite Branca” abrirase a partires das sete da tarde na praza do Concello e incluirá animación musical e teatral nas rúas. Por unha banda, a ambientación teatral virá da man de Troula, que despregará varias e divertidas propostas: Benito e Rufina e Hakuna Matata. A a música porana os Celtas Largos. Neste aspecto, tomará o relevo o Dj Ton y Son ás 20:30h. (na Avenida Conde Fenosa en esquina con Abdón Blanco). Ademais ás 23:30h. poderá desfrutarse de ritmos que convidarán ao baile co grupo Son D’Vigo, no Paseo do Malecón (nas proximidades do parque infantil).
Dende o CCA véñense de editar folletos co programa, así como coa listaxe dos establecementos participantes na campaña e cun mapa coa súa ubicación na vila.
Establecementos participantes nesta edición da “Noite Branca” no Barco:
– Crash: R/ Conde Fenosa, 32
– Azul y Rosa: R/ Conde Fenosa, 24
– Zapatería Palpié: R/ Conde Fenosa, 20
– Super Onda: R/ Abdón Blanco, 2
– Boutique Glory: R/ Conde Fenosa, 25
– Mercería Carmina: R/ Conde Fenosa, 25
– Miranda X: R/ Conde Fenosa, 6
– Margot Peluquería: R/ Eulogio Fernández, 3
– D’Chus: R/ Eulogio Fernández, 6
– Deportes Tri-Sport: R/ Estación, 12
– Ana de la Puente Perfumería y Estética: R/ Estación, 14
– Zapatería Step Up: R/ Conde Fenosa, 2
– Miranda M: R/ Conde Fenosa, 1
– Ana Óptica: R/ Estación, 11
– Can-Can: R/ Estación, 11
– Perfumería Pamén: R/ Estación, 7
– Mis Personajes: P. Andrés de Prada
– Laurarte: R/ Academia Dequidt, 4
– Flores Esnat: R/ Marcelino Suárez, 35
– Mhussk: Marcelino Suárez, 35
– Pizpireta: R/ Marcelino Suárez, 25
– Garoba: R/ Marcelino Suárez, 25
– Depidel: R/ Marcelino Suárez, 15
– Librería Murciego: R/ Marcelino Suárez, 28
– Boutique Suá: R/ Doutor Pérez Lista, 38
– Estética Rocío Carracedo: Praza José Otero, 2
– Moral Zapatería: Praza José Otero, 3
– Bar A Cova: Praza José Otero, 3
– Vinum: R/ Paseo do Malecón, 21
– Divino Paseo: R/ Paseo do Malecón, 23
– 13/14: R/ Paseo do Malecón, 26
– Tapería al Natural: R/ Doutor Pérez Lista, 7
– Pilardos: R/ Doutor Pérez Lista, 3
– Confecciones Elena: R/ Real, 23