SanidadeÚltima hora

Os efectos da folga de médicos, en pacientes de Valdeorras

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A folga de médicos en Galicia, convocada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, comezaba o 11 de abril e supoñía a cancelación de miles de consultas, cirurxías e probas diagnósticas en toda a comunidade. Algunhas delas afectaban ao Hospital Universitario de Ourense a onde son derivados moitos dos pacientes de Valdeorras, que sufrían os efectos do parón que finalmente era desconvocado onte, xoves 20 de abril.

Foron varios os afectados e como exemplo, temos o dunha veciña de Éntoma (O Barco) con tres hernias de disco cervical. “Xa sabían que estaban en folga e chámanme o luns para ir o mércores e chego alí e mándame para casa sabendo que son unha desprazada e que me custa viaxar porque unha das hernias estame case na medula”, conta, asegurando que a maiores das dores ten medo a moverse.

Levaba medio ano agardando pola cita, de aí o enfado co que volvía de Ourense sen que lle fixeran nada. “E agora igual teño que esperar outros seis meses a que me volvan chamar. Eu respecto o seu dereito a facer folga pero están xogando coa saúde da xente; deberían ter en conta aos pacientes e a gravidade dos casos”, di, recoñecendo que é unha mágoa que “co hospital que hai en Valdeorras me fagan ir a Ourense para todo, incluso para as probas de sensibilidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button