Cada día Cris atende a numerosa xente na Churrería La General, no Barco de Valdeorras. Xente que vai buscar os tradicionais churros con chocolate e tamén chupitos e por supostos cafés. Pero tamén atende a outro tipo de clientes.
De forma bastante asidua os patos visitan a praza e de paso achéganse ata a churrería onde, sen medo algún, degustan os churros (eses que saen defectuosos) que ela mesma lles dá.
Fotos: Carlos G. Hervella.