Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Dous podios para Valdeorras no Autonómico Escolar de Orientación Pedestre 2023

Mailén Aller Pfirter (Divina Patora) era 1ª en cadete feminino e o Colexio Pablo VI da Rúa por equipos en infantil feminino

 

O sábado 6 de maio, o recinto do IES Universidade Laboral de Ourense acollía ao longo da mañá o Campionato Autonómico Escolar de Orientación Pedestre 2023. Unha cita deportiva á que acudían preto de 200 nenos e nenas clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais, con percorrido baseados en moitos cambios de dirección, donde “poder atopar a ruta de carreira ideal centrouse na concentración e a autoxestión á hora de tomar as decisións”, explican dende o Club Peña Trevinca Barco, representación valdeorresa na proba xunto ao Colexio Pablo VI da Rúa e ao Colexio Divina Pastora do Barco.

 

María Agudo do Peña Trevinca Barco.

 

A competición foi tanto a nivel individual como de centros escolares, sendo os seguintes os resultados máis significativos. A nivel individual, en infantil feminin, Martina Aller Pfirter (Divina Patora) era 5ª e Nahia Morgane Vázquez González (Pablo VI), 10ª; en infantil masculino, Joaquín Daga Falagan (Pablo VI) era 5º; e en cadete feminino, Mailén Aller Pfirter (Divina Patora) era 1ª e María Agudo Calvelo (Club Peña Trevinca), 6ª.

Por centros escolares o equipo representante do Colexio Pablo VI obtiña o primeiro posto na categoría infantil feminino.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button