Reunida na mañá deste luns 8 de maio no Pazo Provincial baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de 500.000 euros en axudas para cooperar cos concellos e entidades profesionais, gastronómicas e deportivas.
A maior contía deste paquete de achegas, 396.000 euros, vai destinada ao financiamento de once proxectos de carácter municipa, entre os que está o do Concello da Rúa que poderá executar a segunda fase da urbanización da rúa Mazaira cunha achega de 70.000 euros.
O Concello da Veiga recibirá 30.000 para o proxecto de plantación de centeo e millo; o de mobilidade sostible de Parada de Sil, coa posta en marcha dun bus lanzadeira, terá unha subvención de 10.000 euros; entre outros.