DeportesEn portadaÚltima hora

Xiana Pungín (Adas), 4ª en T13 nos 100 ml no World Para Athletics Grand Prix

 

Entre as atletas convocadas pola Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) para formar parte da selección española que competía no Grand Prix Internacional de atletismo (Wordl Para Athletics Grand Prix) estaba Xiana Pungín Estévez, do Club Adas Cupa do Barco.

Esta cita internacional, organizada por FISPES e WPA, celebrábase do 12 ao 14 de maio no estadio Armando Picchi de Jesolo (Italia) cunha elevada participación. Había atletas de 50 países rexistrados nas diferentes modalidades. Nesta ocasión as condicións climatolóxicas non foron as mellores e é que a choiva estivo presente en todas as xornadas de competición.

Supuxo toda unha oportunidade para a atleta valdeorresa, con orixes da Mezquita, que se medía con deportistas de diferentes partes do mundo e mesmo de categoría absoluta. E aínda que as marcas non lle saían como esperaba, cabe destacar que rozaba o podio na proba dos 100 ml, na que conseguía un cuarto posto en T13 (categoría de discapacitados visuales) cun rexistro de 14.84. No caso da lonxitude, Xiana Pungíns situábase na décima posición cun salto de 3,90. Nesta proba participaban as categorías T13, T46 e T47.

Máis alá dos resultados, a atleta resalta a experiencia de vivir esta competición, de coñecer a atletas de multitude de países, de compartir entrenos e competición con eles e incluso da propia viaxe. Agora xa pensa nas súas novas citas, entre elas o nacional absoluto adaptado, que terá lugar en Basauri (Bilbao) a finais deste mes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button