Na fin de semana do 31 de maio ao 2 de xuño disputábase en terras italianas o Rallye de Cerdeña que forma parte do Campionato do Mundo de Rallyes da FIA-WRC. E ata alí viaxaban un ano máis un grupo de valdeorreses afeccionados ao mundo do motor.
Desprazábanse para vivir sobre o terreo as sensacións dunha proba internacional na que participan pilotos españois como Dani Sordo que subía ao terceiro chanzo do podio. O primeiro era o estonio Ott Tänak que lograba unha inesperada vitoria aproveitando a mala sorte de Sébastien Ogier, que pinchaba no último tramo.
Os pilotos do WRC prepáranse agora para o Rally de Polonia, que se celebrará do 27 ao 30 de xuño.
Vídeos e fotos cedidas.
https://youtube.com/shorts/HGF83meTGwY?feature=share
https://youtube.com/shorts/dcPJcAU1zRw?feature=share