Durante unha breve comparecencia realizada esta mañá, horas despois de coñecerse os resultados do 28M, o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, vén de anunciar un adiante das eleccións xerais, previstas inicialmente para decembro, para o vindeiro 23 de xullo. “Tomei esta decisión en vista dos resultados das eleccións de onte”, indicaba o presidente.
Sánchez vén de convocar o Consello de Ministros para esta mesma tarde, para disolver as Cortes e proceder á convocatoria de eleccións para o citado domingo 23 de xullo. A convocatoria formal destes comicios xerais sera publicada mañá martes no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Esta previsto que esta convocatoria se formalice mañá nun Consello de Ministros extraordinario.