ConcellosÚltima hora

Xornada electoral en Castro Caldelas para elixir á súa corporación municipal

 

Entres os municipios españois que volven celebrar eleccións locais neste 26 de novembro, seis meses despois da anterior convocatoria, está o ourensán de Castro Caldelas. Neste caso, o motivo non era que concorrese ningunha candiatura aos comicios do 28 de maio, senón que se detectaron irregularidades nalgunha mesa electoral que provocaron a anulación dos seus resultados por sentenza firme ou por acordo da Xunta Electoral competente.

Logo dunha xornada que discorría sen incidencias e cunha participación similar, ou incluso nalgunha mesa ata superior a dos comicios de maio, ás oito da tarde está previsto que pechen os colexios electorais e que comece o escrutinio. Nesta convocatoria estaban chamadas ás urnas unhas 1.123 persoas e preséntanse tres candidaturas: a do PSdeG-PSOE, encabezada por Sara Inés Vega, a do PP, liderada por César Enríquez “Cachín”, e a do BNG cuxo cabeza de lista é José Luis Prieto.

 

Artigos relacionados

Back to top button