ConcellosÚltima horaVídeos

Cultos e música para honrar á Virxe dos Remedios en Castro Caldelas

 

Neste 8 de setembro, un dos días grandes das festas na honra da Virxe dos Remedios en Castro Caldelas, o Irrio Peliqueiro e os Cabezudos volvían percorrer as rúas da vila. A xornada comezaba cun pasarrúas da Banda de Vilanova dos Infantes e dos Airiños de Castro Caldelas chegando ás 12:30 horas cunha concorrida misa na igrexa parroquial. Deseguido, comezaba a procesión coas imaxe da Virxe e o acompañamento muscial, guiada polo propio Irrio.

 

 

“O Irrio encarna en sí toda a tradición destas festas, e é o elemento máis característico do folclore de Caldelas. A persoa que o encarna, sempre con identidade oculta por unha barbada máscara de madeira e vestido cun frac, no que resaltan os grandes botóns, vai provisto dunha “pelica” ou vara, coa que persigue e golpea a xente, o cual está entre os seus curiosos dereitos”, tal e como se destaca dende o Concello. Un ritual que repetía este ano trala procesión.

 

 

O programa festivo desta vila, que se iniciaba xa o 6 de setembro coa Noite das Bandeiras, continuará neste domingo con festa e verbena a cargo da orquestra Compostela.

 

 

Mañá, haberá novamente misa e procesión coa imaxe da Virxe dos Remedios, cun pasarrúas previo dos Trabazos, festa de disfraces e baile e verbena coa orquestra La Ola ADN.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button