A Policía Local do Barco vén de abrir sete expedientes sancionadores por “incumprimento de horario de peche a locais de lecer nocturno do Barco”. Ademais, e por protestas veciñais, “realizáronse inspeccións para comprobar o nivel sonoro en dous establecementos con licenza de bar dando como resultado un incumprimento da normativa e á ordenanza de ruídos”, explican puntualizando que estas medicións “realizáronse por un axente especializada e cun sonómetro homologado e verificado”.
Segundo a Policía Local, o problema destes locais con licenza de bar “é que están a poñer a música a un volume coma se fose un pub cando non ten ningún proxecto de insonorización e incumpren todos os niveis de ruído máximo que se poden permitir nun local con este tipo de licenza”.