Esta mañá, ás 12h. tamén se iniciaba o pleno para constituír a nova Corporación municipal de Larouco. Tras formarse a mesa de idade, tomaban posesión dos seus cargos os 5 concelleiros do PP e 2 do partido socialista.
A continuación, procedíase á elección do novo rexedor do municipio, resultando elixida neste caso a candidata do PP, Patricia Lamela, que tras recoller o bastón de mando municipal, vén de iniciar a súa segunda lexislatura consecutiva como alcaldesa de Larouco con maioría absoluta.