A Garda Civil da Rúa detiña o día 12 de xullo a dous veciños desta localidades valdeorresa, de 68 e 55 anos de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública-tráfico de drogas.
A investigación iniciábase a mediados do mes de xaneiro, tras ter a Garda Civil coñecemento do posible menudeo de venda de droga nun domicilio próximo a dous Institutos de Educación Secundaria da Rúa.
Tras realizar varias investigacións, a Garda Civil procedía á detención da parella e, tras levar a cabo un rexistro nun domicilio e dous rochos da súa propiedade, incautábanse de varias doses de cocaína, repartidas en ½ e 1 gramo (23 gramos), e dunha bolsa con cocaína en roca (43 gramos), así como material de corte e instrumentos de pesada, varias tarxetas SIM, 9 reloxos de alta gama, un vehículo e 5065 euros en efectivo.
Os detidos teñen antecedentes polos mesmos delitos, segundo informa a Garda Civil. O caso está no Xulgado de Instrución do Barco de Valdeorras.