As piscinas municipais da localidade de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), aproveitando a auga do propio río Sil depurada de forma natural mediante plantas acuáticas, constitúen un lugar ideal para refrescarse neste caluroso verán e ademais permite desfrutar de saborosos pratos á súa beira. Así o a persoa concesionaria que collía este ano do Bar Piscina Sobradelo Cafetería aposta por achegar propostas orixinais, con algún toque exótico, xunto a pratos clásicos como a paella cunha cociña caseira feita con mimo e calidade.
Así na zona máis alta do recinto érguese un moderno edificio que acolle os vestiarios e a cafetería. Este establecemento, adornado coidadosamente, funciona en horario de 15h. a 21h. (que no caso de ceas pode alongarse ata pasada a medianoite) e nel sérvense bocadillos e hamburguesas, pero tamén se preparan barbacoas, paellas e, no caso dos entrantes poden degustarse os “tequeños” (unha especie de pauciños de queixo empanizados e fritidos) ou empanadillas tamén cun toque diferente. E todo isto acompañado por diversas bebidas e tamén por doces como os xeados. As diferentes propostas gastronómicas deste establecemento poden consultarse nas súas redes sociais co nome Bar Piscina Sobradelo Cafetería.
O Bar Piscina Sobradelo permanecerá aberto ata a primeira semana de setembro, se ben, a súa apertura podería prolongarse no caso de continuar o bo tempo.
Dende a xerencia deste establecemento amósase a súa satisfacción pola acollida que está tendo entre o público a súa cociña e convida a aqueles que aínda non a probasen a achegarse por estas instalacións.
Fotos cedidas.