En portadaÚltima hora

Os Reis Magos asisten á misa de Nadal en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

A visita sorprendía gratamente á veciñanza e, en especial, aos máis pequenos

 

Cunha sorpresa moi especial e grata atopábanse as persoas que neste 25 de decembro acodían á misa de Nadal á igrexa parroquial de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Recibíanas na porta do templo dous gardas imperiais e, xunto eles, descubrían a inesperada visita dos Reis Magos de Oriente que, durante toda a celebración relixiosa, oficiada polo párroco Juan José Prieto, situábanse no altar, adoraban para adorar neno Xesús, recén nacido. Mentres tanto os soldados situábanse a ambos lados do altar.

 

 

Ao remate da misa, Melchor, Gaspar e Baltasar saudaban a nenos e maiores, agasallábanos con caramelos e tamén recollían as cartas dos cativos, antes de facerse fotos con eles. Entre os asistentes estaban a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button