Será ás 21 horas
A cantante asturiana Marisa Valle Roso actuará no Concello de Verín este venres 15 de xullo. Será nun espectáculo que terá cabida na Praza da Mercé da localidade ourensá, a partires das 21 horas. Interpretará cancións de “Suena la mina”, un traballo que recopila a historia da minería.